Galego Castellano
Contacta

Actividades

** BRINCADEIRA **  , UN GRAN EVENTO CULTURAL PARA TODOS  OS PÚBLICOS!

 

Neste 2009 apostamos de novo pola vangarda artística, non só coas actuacións musicais, senon tamén contando con diferentes actividades relacionadas co mundo das artes, todas e cada unha delas gratuítas:  graffiti, street art, audiovisuais, tattoo, moda..., daranse cita en diferentes localizacións da vila de Ordes os días 7 8 de Agosto.

-------------------------------------------------------------------------------------------------------

 XA PODES RESERVAR A TUA PRAZA PARA A FEIRA DE MOSTRAS .

CONTACTO           prensa@icebergaudiovisual.com

 -------------------------------------------------------------------------------------------------------

 

** DESORDES CREATIVAS ** Certame de arte urbano

DESORDES CREATIVAS é un certame de arte urbano que se celebrará en Ordes os días 7 e 8 de Agosto, dentro das actividades do Brincadeira.

A filosofía do certame é dar cabida a tódalas disciplinas artísticas dentro deste eido, xa sexa graffiti, pintura, stencil, poster art, pegatas, performances, escultura, instalacións, intervencións, etc... e pretende servir de escaparate para potenciar o arte da rúa e dar a coñecer a obra de tódolos artistas participantes no certame.

Para elo, contamos con distintas localizacións esparexidas dentro do casco urbano da vila, nas que os artistas participantes desenrolarán as súas obras, convertindo deste xeito a Ordes nunha galería de arte ao aire libre.

Os artistas traballarán ao longo dos dias 7 e 8 de agosto, dende pola mañan ata o anoitecer, e o público asistente poderá observar o proceso de realización de cada obra, movéndose polas distintas localizacións da vila nas que se intervirá.

Éste será o primeiro ano de vida deste certame, e os medios cos que contamos non son demasiados, pero a pretensión por parte dos que o organizamos(www.mutantecreativo.com) é que ano tras ano vaia medrando en medios, calidade e difusión.

É importante recordar que para esta edición do Brincadeira, espérase unha grande afluencia de público durante os dous días que dura o festival, xa que na edición anterior acudiron ao redor dunhas 6000 persoas, e para este ano 2009 agárdase que como mínimo se igualen estas cifras, o cal é un factor a ter en conta para os artistas participantes, xa que a difusión das obras será notable.

Todos aqueles que estedes interesados en participar podedes mandar as vosas obras, propostas, bocetos, etc..e a poder ser os links aos vosos fotologs, blogs, webs,etc.. enviando un correo electrónico a esta dirección: info@mutantecreativo.com

Por motivos de espacio, recursos e calidade artística, levarase a cabo unha selección das obras recibidas por parte do equipo de MUTANTE e elixiranse aos artistas ou colectivos que se consideren máis interesantes para participar nesta edición do certame.

De tódolos xeitos, agradecemos de antemán a vosa colaboración e recordámosvos que a organización está aberta a calquer proposta artística, colaboración, suxestión,etc... que queirades levar a cabo no certame ou facernos saber.

Nada máis polo momento,
KEEP IT REAL! e saúdos mutantes!!!

Concello de Ordes Super Bock Telepizza Gadis Brugal Movida de Ordes
Xacobeo Deputación da Coruña Blusens Coca Cola A Fonte Cultura urbana Montana


Televisión de Galicia Estudio 3
Xestiona: ICEBERG AUDIOVISUAL     Deseño web: MUTANTE     Programación: ÓSCAR OTERO